Nesta ocasión, a entrevistada é Antonina Semedo Lopes de Barros. Esta muller, nacida en Santa Ana, na illa caboverdiana de Santiago, chegou á Mariña un 23 de xullo de 1978, no momento en que se realizaban as obras da fábrica de aluminio en San Cibrao.
Cando outros cidadáns do mesmo paÃs marchaban para Francia, Holanda ou Luxemburgo, Antonina e o seu marido instaláronse en Cangas, onde viven actualmente na compaña dos seus familiares.
Muller Traballadora
Durante os máis de trinta anos que leva vivindo nesta terra, Antonina Semedo realizou diversos traballos, sen perder nunca a orientación do progreso, de buscar permanentemente un mellor nivel de vida para ela e, sobre todo, para a súa xente. En Cangas realizou tarefas domésticas -exactamente igual que as campesiñas galegas-, fixo traballos forestais e recolleu algas pola ribeira. Nunca deixou de asistir a cursos de formación, co obxectivo de conseguir unha vida máis desafogada. Actualmente dedÃcase á atención de persoas maiores ou con discapacidades.
Artista de Batuko Tabanka
Xunto con outras once mulleres da mesma nacionalidade (Ivone Pereira, Fátima Fafá, Fátima Beba Lopes, Ilda e Antonina Rocha, Isabel Barros, Desideria, Lidia Mendes Chuca, Anabella da Moura, MarÃa Tabares e Santiña), formou en 2002 o grupo musical Batuko Tabanka. Ademais de gravaren dous discos, teñen actuado en toda Galiza e Portugal asà como en diversidades comunidades españolas e en Cabo Verde, a onde regresaron para participaren na rodaxe da longametraxe documental Cabo Verde, Sabi. A muller e a terra, o home e o mar, dirixida polo profesor Manolo Maseda.
Comentarios