Cunha - Colectivos Ferrolterra apoian a LAZOS

Subido hace 5 meses (12/12/2011) en Política, economía y opinión por filispina

Comunicado asinado conxuntamente polos Colectivos que van ao pé:
"As asociacións abaixo asinantes CO... NVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios."
Colectivos asinantes convocantes:
A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade

Ver detalles
logo de Rádio FilispiM
En el Podcast Cunhas Rádio FilispiM

Más audios del Podcast
Cunhas Rádio FilispiM

Ver todos los audios de Cunhas Rádio FilispiM

Audios relacionados de
Política, economía y opinión

Ver todos los audios de Política, economía y opinión
Subido por filispina Seguir
Este audio le gusta a: 2 usuarios