Este sábado, no Sombreiro de Merlin unimos temas e convidados. Por unha banda, o cantautor Miguel Alonso presenta novo disco, "Como dioses de alquiler", unha reinterpretación de temas propios nos que o autor achéganos ás relacións persoais, o social, as guerras, e a vida. Miguel Alonso interpretará un tema ao vivo no Sombreiro, e escoitaremos dúas gravacións incluidas neste seu último CD; o disco está xa nas rúas e Miguel e os músicos que o acompañan teñen previsto concertos e actuacións diversas nos vindeiros meses, a partires de setembro poderemos escoitalos pola nosa xeografía; este novo disco foi realizado grazas a unha das 30 Axudas á Creación Nova que concedeu o Instituto de la Juventud (INJUVE) para toda España.
As súas letras, en ocasións bastante irónicas, vagan dende cidades como Bagdad ou Ferrol, a actores e personaxes cinematográficos e literarios como Julia Roberts, Annie Hall o Peter Pan. Musicalmente é un paso adiante para o cantautor galego; a produción corre da man de Iago Blanco e Drum&Roll Studios; parabéns a todos eles por este novo traballo, seguiremos a súa andaina dende O Sombreiro!
Por outra banda teremos a Lucía Pereira e Roque, da Asociación Panxea de Comercio xusto, cos que leremos os textos gañadores de accésit e premio especial do xurado no I Certame de Microrrelatos organizado por Panxea en colaboración co Sombreiro de Merlin: escoitaremos "MisterCoffee", de Loly Villoch; "O café" de Paulo Calvo e "Primeiros segundos de oscuridad" de Julio Álvarez. Asimesmo teremos no estudio de Radio Obradoiro a un dos gañadores dos accésitt, o profesor Antom Labranha, quen lerá con voz propia o seu microrelato "Catuxa". Aproveitamos tamén para presentar a que será a Segunda Edición deste exitoso Certame de Microrelatos de Panxea, para a cal nos inspiraremos na verba "Ron", outro producto que poderedes encontrar en Panxea, e teremos un Premio moi especial en homenaxe ao noso compañeiro de producción de Radio Obradoiro, Moncho Díaz, músico da emblemática agrupación "Fuxan os ventos". O noso agradecemento a Moncho Díaz, por ceder o seu nome ao premio, e sorte para todos os que participades!! Xa sabedes, máximo 200 verbas, tema inspirado na verba "Ron", e a dirección á que deberedes enviar o texto co voso nome e un teléfono de contacto é: sensibilización@panxea.org. Agardamos os vosos textos xa!!!
A sección literaria virá nesta ocasión da man de Susana Vázquez Pereira quen nos achegará tamén as cores: nesta ocasión centraráse no violeta dando xa paso ao laranxa co que continuará na vindeira semana.
Feliz fin de semana a todos, non esquezades escribir e enviarnos o voso microrelato!!
Comentarios