En clave de folk

69 Audios encontrados en Podcast: En clave de folk
 
En clave de folk
Canal: En clave de folk
Por: paulogacio
Ranking: 7918 - Ver evolución

Descripción del podcast de En clave de folk: Programa radiofónico que se emite os luns entre las doce e a una da madrugada na sintonia de Radio Obradoiro e que inclue entrevistas, axenda de concertos, reseña de novos lanzamentos discográficos... Ademais, de aquí parteu a idea do "Certame Folk Radio Obradoiro", que busca potenciar la creatividad e impulsar as carreiras de grupos noveis. Presentado e dirixido por Paulo Gacio

Ver +


Programa 21/05/12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:01 min | hace 5 días
Na habitual cita coa música de raíz no dial de Radio Obradoiro, os ouvintes poderán desfrutar coas cancións dos gañadores dos Premios Opinión. Así, soarán no programa 'En Clave de Folk' 'A fronda dos Cervos' de Doa, gañador do galardón ao mellor disco, a cantante Uxía Senlle, recoñecida como mellor artista e 'Jumping bits' de Assembly Point, recoñecido como o mellor tema deste ano. O espazo musical conducido por Paulo Gacio tamén deixará oco para as novidades discográficas dalgúns dos artistas nominados, como o último traballo de Begoña Riobó ou 'Tentemozo', o novo CD dos Cempés. Segue 'En Clave de Folk' en facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 14/05/12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 5 días
Xa que o Día das Letras Galegas está xa á volta da esquina, 'En Clave de Folk' homenaxeará os versos dalgunhas das mellores ca ncións do folk do país. O veterano programa musical dará protagonismo aos temas 'cantados' a través dos discos de Pancho Álvarez, Leilía, Uxía e Fuxan os Ventos. Ademais, Paulo Gacio repasará algunhas anécdotas curiosas ligadas ás cancións e aos artistas que soarán esta medianoite. Segue 'En Clave de Folk' a través de facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 07/05/12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
59:59 min | hace 18 días
'En Clave de Folk' dará protagonismo esta medianoite aos lanzamentos discográficos máis recentes. Dunha banda, Paulo Gacio repa sará os temas que conforman 'Tentemozo', o novo disco de Os Cempés. O histórico grupo de folk volve á carga con nova formación e cun traballo quie os mecenas xa poden descargar en formato dixital. Ademais o programa musical tamén se achegará a 'aCadaCanto', o último disco de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero. Tamén haberá tempo para falar da performance que Mercedes Peón realizou a pasada fin de semana na Cidade da Cultura de Galicia.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 30/04/12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
59:59 min | hace 18 días
Esta noite, a partires das 00.00 horas, Paulo Gacio falará en "En Clave de Folk" das diferentes xiras de presentacion de grupos g alegos como Riobó, Quempallou, Malvela,... e das diferentes propostas á hora de enfocar as promocións dos traballos. Tamén soarán novidades recentes coma Rapabestas, Coetus, Pancho Alvarez ou Brian Finnegan. Interactúa con 'En Clave de Folk' a través de facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 22-04-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 1 mes
Hoxe en 'En clave de folk' centrarase no premio Opinión Andaina Senlleira acadado por 'Fuxan os Ventos'. Ademais o programa music al falará dos videoclips de Talabarte, Riobó e Pancho Álvarez, xa que se están convertendo cada vez máis nun medio eficaz de promoción para os grupos galegos. Doutra banda, Paulo Gacio repasará as últimas novidades discográficas e as xiras de presentación das mesmas. Interactúa con 'En Clave de Folk' a través de facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 16-04-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 1 mes
Hoxe 'En clave de folk' centrarase no último traballo en solitario do multiinstrumentista Pancho Álvarez. 'Sonche Atlántico' co ntén 12 temas novos tanto de autor coma de corte tradicional ligados por un fio conductor que é o océano Atlántico. Prácticamente todos os instrumentos do CD están gravados polo propio Pancho Álvarez asi coma os arranxos que inclúen textos de Suso de Toro ou de Antón Reixa. Segue 'En Clave de Folk' a través de facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 09-04-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 1 mes
'En Clave de Folk' achegarase hoxe ao novo disco de Brian Finnegan. O músico norirlandés editou, tralo seu paso por Flook, o seu segundo traballo discográfico en solitario. Doutra banda o espazo musical tamén dará protagonismo a Anxo Lorenzo, concretamente ao seu disco 'Tirán'. O gaiteiro de Moaña debutou en solitario con este cd que saiu á luz no ano 2010. Segue a actualidade de 'En Clave de Folk' en facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 02-04-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 2 meses
Como cada a luns á medianoite a música de raíz ábrese oco en Radio Obradoiro a través de 'En Clave de Folk'. O espazo musical , que leva máis de 12 anos en antena, centrarase hoxe nos grupos e artistas que están a piques de editar novo disco, como Os Cempés, Luar na Lubre ou Pancho Álvarez. Doutra banda, o programa dirixido e presentado por Paulo Gacio fará soar o segundo traballo da banda ponferradina Rapabestas, titulado 'Format R'.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 26-03-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 2 meses
'En Clave de Folk' centrarase esta medianoite no novo traballo discográfico de Quempallou. O grupo, que no seu día foi gañador do Certame Folk de Radio Obradoiro, acaba de presentar 'Vellas Novas', un disco formado por doce temas musicais co mundo do xornalismo como fío. Como é habitual, os ouvintes poderán interactuar co programa a través de facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 19-03-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 2 meses
As novidades discográficas dos últimos meses serán protagonistas da edición de hoxe de 'En Clave de Folk'. O programa que cada luns dirixe e presenta Paulo Gacio, transitará esta medianoite polas músicas dos últimos discos de grupos como Leilía, Coetus, Malvela ou Talabarte, e solistas como Eliseo Parra. Os ouvintes poden interactuar co programa e coñecer os seus contidos a través de facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
programa 12-03-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 2 meses
A música de 'Coetus' protagonizará boa parte da edición desta noite. A orquestra de percusión 'Coetus' está formada por un gr upo formado por dezaseis músicos liderados por Eliseo Parra. O proxecto, nacido hai catro anos, basea o seu repertorio en temas ligados á percusión tradicional da peninsula Ibérica. Este luns os ouvintes de 'En Clave de Folk' tamén poderán escoitar música doutra formación similar, tamén de gran formato, neste caso galega como é a Orquestra Folk Sondeseu e o seu último traballo 'Barlovento'. Segue 'En Clave de Folk' en facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 05-03-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:01 min | hace 2 meses
'En Clave de Folk' centrarase en pequenas formacións musicais que apareceron nos últimos tempos na escea musical galega. Especia lmente tríos como Lizgairo, Talabarte, Assembly Point, Loaira ou Vaamonde, Lamas e Romero. Todos eles están revolucionando o panorama folk galego e por esa razón hoxe terán cabida no programa que cada noite poden escoitar na sintonía de Radio Obradoiro. Doutra banda, Paulo Gacio falará do novo traballo discográfico de Quempallou, que sairá á venda a finais deste mes. Segue 'En Clave de Folk' a través de facebook.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
programa 27-02-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:01 min | hace 3 meses
O programa adicado á música de raíz dará protagonismo está medianoite a dous proxectos musicais. Por unha banda Paulo Gacio f alará de Assembly Point, trío formado por Luis Peixoto (Portugal), Eoghan Neff (Irlanda) e Fernando Barroso (Galicia). Estes tres músicos integran un proxecto que mestura de maneira acústica a musica dos seus países de orixe con novos temas creados a partir das súas tradicións. Doutra banda 'En Clave de Folk' asomarase ás músicas de Riobó. O grupo está liderado por Begoña Riobó, unha das violinistas con máis proxección no panorama folque galego. Ven de publicar o seu primeiro traballo en solitario para o que se rodeou de músicos cunha sólida traxectoria: Marcos Campos , Xosé Liz, Fernando Pérez e tamén Fernando Barroso, un dos membros de Assembly Point.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
programa 20-02-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:01 min | hace 3 meses
Paulo Gacio, director e conductor de "En Clave de Folk", falará esta noite no seu programa, a partires das 00.00 horas, da XI edi cion dos Premios Opinión da Musica Folk. Gacio repasará cos ouvintes a música dos trece finalistas que compiten dentro das tres categorias: mellor tema, mellores artistas e mellor disco. Entre eles hai artistas coma Uxia Senlle ou Oscar Fernandez (Os Cempés), e grupos coma Doa e Talabarte. Segue en facebook a actualidade de "En Clave de Folk"
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 13-02-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
04:08 min | hace 3 meses
Esta noite 'En Clave de Folk' dará protagonismo aos numerosos discos gravados en directo que se editaron nos últimos anos. Traba llos de grupos consagrados como 'Terra de Soños' de Fuxan os ventos ou 'Ao vivo' de Luar na Lubre. Tamén terán oco na edición de hoxe formacións con menos anos de vida pero de grandísima calidade, como 'O Tambor de prata' de Vaamonde, Lamas e Romero ou 'Raianas', de Malvela. Neste espazo musical tamén haberá tempo para falar das xiras de Talabarte, Marful e Leilía e escoitar as últimas novidades discográficas, como o último CD de Eliseo Parra. Segue a actualidade de 'En Clave de Folk' en facebook
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 06-02-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 4 meses
Contradiccion de Eliseo Parra Éscoitaremos o primero disco de estudio do músico vallisoletano tras cerrar la trilogía que empe zaba co disco Tribus hispanas (1998), seguia cos discos Viva quien sabe querer (2002) e De ayer mañana (2005) e remataba co traballo en directo Diez (2009) su disco en directo. E por suposto mais musica.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
programa 30-01-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:01 min | hace 4 meses
A música galega será esta noite protagonista en Radio Obradoiro da man de 'En Clave de Folk', un dos espazos máis veteranos da emisora compostelá. Con Paulo Gacio á fronte, o programa de hoxe renderá tributo ao mestre Xosé Manuel Seivane. O artesán, falecido o pasado venres en Cambre aos 90 anos, será homenaxeado a través de músicas de gaita, o instrumento que tan ben coñecía e que tanto amaba o patriarca da familia Seivane. Doutra banda 'En Clave de Folk' falará da xira 'Surreal' de Marful e dos concertos de presentación de 'ConSentimento', o novo disco de Leilía.
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
programa 23-01-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 4 meses
Programa radiofónico que se emite os luns entre las doce e a una da madrugada na sintonia de Radio Obradoiro e que inclue entrevi stas, axenda de concertos, reseña de novos lanzamentos discográficos
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 16-01-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 4 meses
Programa radiofónico que se emite os luns entre las doce e a una da madrugada na sintonia de Radio Obradoiro e que inclue entrevi stas, axenda de concertos, reseña de novos lanzamentos discográficos
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
Programa 09-01-12 logo de En clave de folk
En el Podcast  En clave de folk  en  Músicas del mundo y otras
01:00:00 min | hace 4 meses
Programa radiofónico que se emite os luns entre las doce e a una da madrugada na sintonia de Radio Obradoiro e que inclue entrevi stas, axenda de concertos, reseña de novos lanzamentos discográficos
Género: Radio
Canal: En clave de folk
... ver+
x
<< Anterior 1 2 3 4 Siguiente »