iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Que din os rumorosos Que din os rumorosos... arroutadas da historia
#03 - O poder da Igrexa no Medievo

#03 - O poder da Igrexa no Medievo

7/27/2022 · 01:07:57
4
563
4
563

Description of #03 - O poder da Igrexa no Medievo

03 - O poder da Igrexa no Medievo. A longa man de Deus en Galicia


A pegada de Deus en Galicia foi de fondas raíces, tan fondas, que houbo quen quixo fundar a súa propia relixión. É unha Galicia de bispos guerreiros e xenerais apostólicos derrotados, de reis que quixeron ser arcebispos e de arcebispos que pensaron que eran reis. Neste programa falaranse de curas e bispos, de mosteiros, de grandes igrexias e catedrais e dos homes e mulleres que fixeron que a Igrexa galega fora temida e amada, querida e odiada ao mesmo tempo. Interveñen os historiadores José Miguel Andrade Cernadas e Xosé Sánchez Sánchez.

Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.


Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0

Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).


Redes sociais onde atoparnos

https://twitter.com/historiaGAL

https://www.facebook.com/historiagalicia/

https://www.facebook.com/groups/535887783413440/?source_id=127191197685932

Comments of #03 - O poder da Igrexa no Medievo
A
Que necesitados de contidos, coma iste, de tematica galega, feita por galegos/as e en galego. Moitas grazas
A
Anónimo
Mui bom!! Parabéns!!
Escoito todo o que chega a min neste formato, e ningún se achega o voso en dinamismo, frescura e contido. Parabéns
Parabens polos programas e a temática, historia da Galiza e con calidade! Por favor non paredes