Description of #06 - Os Irmandiños
06 - Os Irmandiños. Os Irmandiños, a primeira gran revolta Europea.
Galicia entrou no século XV sumida na inestabilidade política e social. Tal era a presión dos nobres e dos seus cabaleiros que o pobo –curas,burgueses, campesiñado e pequena nobreza-- acabou por unirse e facerlles fronte en dúas guerras. Son as coñecidas como guerras irmandiñas. A primeira por parte da Irmandade Fusquenlla, en 1431, e a segunda, a denominada “Gran Guerra Irmandiña”. Unha gran revolta que botou abaixo máis de 200 castelos, o símbolo máis evidente do poder medieval. Interveñen os historiadores Carlos Barros e Alfredo Erias.
Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0
Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).
Redes sociais onde atoparnos
https://twitter.com/historiaGAL
https://www.facebook.com/historiagalicia/
https://www.facebook.com/groups/535887783413440/?source_id=127191197685932