iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Que din os rumorosos Que din os rumorosos... arroutadas da historia
#07 - Museos pola Investigación e a Educación

#07 - Museos pola Investigación e a Educación

6/27/2024 · 01:16:30
0
51
0
51

Description of #07 - Museos pola Investigación e a Educación

07 - Museos pola Investigación e a Educación


Con motivo do Día Internacional dos Museos, Que din Os Rumorosos realizará unha serie de podcast centrados, precisamente, na educación e a investigación como eixo da actividade museística, no que se salienta o papel fundamental das institucións culturais á hora de proporcionar unha experiencia educativa holística.


En colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo a finalidade é incidir nesa idea de que os museos son centros educativos dinámicos que fomentan a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico. Desde a arte e a historia até a ciencia e a tecnoloxía, os museos son espazos vitais onde a educación e a investigación converxen para dar forma á nosa comprensión do mundo e que mellor que facelo a través dunha nova ferramenta tecnolóxica, con gran vocación educativa, como son os podcasts.

Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.


Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0

Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).


Redes sociais onde atoparnos

https://twitter.com/historiaGAL

https://www.facebook.com/historiagalicia/

https://www.facebook.com/groups/535887783413440/?source_id=127191197685932

Comments of #07 - Museos pola Investigación e a Educación
A