iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Cristina Terceiro Viaxantas Podcast
#19 San Telmo en clave galega

#19 San Telmo en clave galega

2/12/2022 · 01:08:48
0
432
0
432
Viaxantas Podcast Episode of Viaxantas Podcast

Description of #19 San Telmo en clave galega

Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-.

Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura.

Dalle unha escoita e se che gusta comparte.

__________________________________________________________________________________

Notas do episodio:

Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64

Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí: https://www.instagram.com/andresdapedra/

Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí: http://www.fsgallegas.org.ar/


__________________________________________________________________________________

Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal

Comments of #19 San Telmo en clave galega
A
No comments yet. You can be the first!