iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Manoplas Radio Manoplas
2x10 #RadioManoplas: Mari Fidalgo

2x10 #RadioManoplas: Mari Fidalgo

7/22/2022 · 34:48
0
52
0
52
Radio Manoplas Episode of Radio Manoplas

Description of 2x10 #RadioManoplas: Mari Fidalgo

A entrevistada no décimo falangullo da segunda tempada é Mari Fidalgo.

Naceu e medrou en Salvador de Bahia no Brasil. Até alí chegou a súa familia na procura das oportunidades que non había en Pereiras, unha aldea de A Cañiza.

Mari sacou a carreira de Psicoloxía. Desde cativa mamou o comunitario nunha familia vizosa nesa dimensión. O saber e bo facer de Mari no terreo da educación popular e das pedagoxías socioafectivas non deixan indiferente ás persoas que participamos en obradoiros ou espazos facilitados por esta persoa.
Na procura de comprenderse e comprender a realidade atopou no feminismo modos de estar e de entender a vida común. Mari teima con outras -por exemplo en Baladre ou no Foro Galego de Inmigración- na tarefa de erradicar violencias, opresións nas relacións e nos espazos que ocupa.

Nos últimos anos dedica tempo a Biodanza cheia de vida: “projeto de promoçom da saúde integral e o florescimento das potencialidades humanas que emprega a Biodanza e a educaçom para o bom viver como ferramentas para a transformaçom”. Entendendo que non podemos emanciparnos só desde o intelectual e que precisamos tamén dar lugar para que o corpo anime as ideas.

Ficamos con ganas de escoitar a Mari falar da loita antirracista. Como pílula temos no peche da entrevista a introducción que fai da canción coa que nos despedimos: "Um Corpo no Mundo" de Luedji Luna.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: http://alicerces.arkipelagos.net

Comments of 2x10 #RadioManoplas: Mari Fidalgo

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society