iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Manoplas Radio Manoplas
2x13 #RadioManoplas: Ángeles Pardo Fontán

2x13 #RadioManoplas: Ángeles Pardo Fontán

10/17/2022 · 28:55
0
70
0
70
Radio Manoplas Episode of Radio Manoplas

Description of 2x13 #RadioManoplas: Ángeles Pardo Fontán

Pechamos a segunda tempada do falangullo con Ángeles Pardo Fontán.

Casualidades fixeron que nacera en Marín, mais A Coruña foi a cidade na que se criou e Vigo -en concreto A Garrida- onde reside desde hai décadas. Estudou no colexio da Compañía de María e logo foi até Compostela para cursar o que agora coñecemos como Traballo Social. Ángeles comezou a súa andaina profesional en Madrid. Foi testemuña do nacemento e evolución da actual Seguridade Social.

Ángeles é unha muller de fe, que lle da moita importancia á espiritualidade. Ela, xunto a Fernando o seu marido desde os 24 anos, chegaron a Coia tras deixar Madrid. No barrio coñeceron á comunidade do Cristo da Vitoria da man de Manolo, un dos frades dominicos. Xunto a moitas Ángeles leva anos pulando por unha igrexa popular comprometida coa xustiza.

Conversamos con ela sobre o independentismo galego, co que entrou en contacto a través das súas fillas. En todo momento, e con moita sufrimento, respectou unha loita duramente reprimida e violentada. Ao mirar a eses anos fai un aceno de agarimo e manifesta o moito que aprendeu desa loita.

Despedimos a entrevista con "Tempestades de Sal" de Sés, canción que pecha unha fermosa conversa con Ángeles.

+info: alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

Comments of 2x13 #RadioManoplas: Ángeles Pardo Fontán

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society