iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Manoplas Radio Manoplas
2x6 #RadioManoplas: Rebeca Martínez Gándara

2x6 #RadioManoplas: Rebeca Martínez Gándara

5/2/2022 · 30:49
0
59
0
59
Radio Manoplas Episode of Radio Manoplas

Description of 2x6 #RadioManoplas: Rebeca Martínez Gándara

A entrevistada no sexto falangullo desta tempada é Rebeca Martínez Gándara.

Medrou en Escolas Públicas, unha céntrica e pouco coñecida rúa de Vigo. As vivendas da Renfe deron acubillo a Rebe e a súa familia. Creceu nos anos da loita obreira en ASCÓN, onde traballou o seu pai, que lle serviron para concienciarse.

Estudou no colexio García Barbón do que pasou ao instituto de Teis a estudar FP, daquela uns estudos pouco valorados. Entrou no mundo da estética, ao tempo que cursaba eses estudos en vacacións e feriados aprendía o oficio xunto a Mara Costas. Montou o seu propio negocio até os anos da crise/estafa. Tras uns anos de parada continua na actualidade no sector, agora empregada por conta allea.

Rebe é unha persoa chea de enerxía que no seu día a día traballa, xunto a outras, por facer do mundo un lugar mellor o que a levou a participar en grupos de crianza e de consumo, a ser persoa activa na asociación “As da Industria” e tamén a poñer o corpo na defensa do país e na loitas feministas. Para rematar esta inspiradora conversa escoitamos a Lucía Aldao cantando: "A do faro".

+info: http://alicerces.arkipelagos.net/2x6-radiomanoplas-rebeca-martinez-gandara

Comments of 2x6 #RadioManoplas: Rebeca Martínez Gándara

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society