iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Manoplas Radio Manoplas
2x7 #RadioManoplas: Marina Fuentes Barco

2x7 #RadioManoplas: Marina Fuentes Barco

5/16/2022 · 36:40
0
49
0
49
Radio Manoplas Episode of Radio Manoplas

Description of 2x7 #RadioManoplas: Marina Fuentes Barco

A entrevistada no séptimo falangullo desta tempada é Marina Fuentes Barco.

Conversamos con esta veciña de Vigo sobre tres grandes temas: saúde mental, drogas e cadea. Estudou Medicina en Compostela e tras visitar o psiquiátrico de Conxo ficou namorada da psiquiatría. Logo de rematar na universidade e tras facer a residencia no Nicolás Peña salta ao mundo das adiccións e das drogas.

Logo de traballar en CEDRO e Alborada inicia a súa andaina na Unidade Asistencial de Drogodependencias - UAD en Porriño. No seu centro atende pacientes de varias localidades do rural pontevedrés, onde os seus pacientes están máis acompañados en comparación coa soidade e estigmatización dos ambientes urbanos. No final da conversa falamos da prisión, Marina atende dende hai tempo na cadea de A Lama.

Non deixedes de escoitar a esta muller chea de enerxía e cun discurso moi crítico sobre as diferentes realidades nas que se move. Para rematar esta inspiradora conversa escoitamos a Boyanka Kostova Aldao cantando: "Leiraz".

+info: http://alicerces.arkipelagos.net/2x7-radiomanoplas-marina-fuentes-barco

Comments of 2x7 #RadioManoplas: Marina Fuentes Barco

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society