iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Manoplas Radio Manoplas
2x8 #RadioManoplas: Begoña Álvarez Álvarez

2x8 #RadioManoplas: Begoña Álvarez Álvarez

6/30/2022 · 31:45
0
40
0
40
Radio Manoplas Episode of Radio Manoplas

Description of 2x8 #RadioManoplas: Begoña Álvarez Álvarez

A entrevistada no oitavo falangullo desta tempada é Begoña Álvarez Álvarez.

Escoitamos a Begoña, que se define como unha "muller de barrio", falar de como era a vida en Coia nos seus primeiros anos como barrio. Con ela debullamos varios temas: vida comunitaria, coidados, formación e moito máis. Iniciamos a conversa coas verbas de Begoña lembrando a figura da súa nai: Carmen. Muller moi coñecida no barrio, pioneira en moitos ámbitos, que morreu nova deixando sete crianzas pequenas.

Para Begoña a formación é moi importante na súa biografía e nas dos seus. Estudou Bioloxía, auxiliar de xeriatría e hai pouco vén de rematar os estudos de auxiliar de enfermería. Esta formación a compaxinou co seu traballo fóra e dentro da casa, posto quede desde hai anos coida do seu pai. Como ela di, agora atopou o seu lugar no mundo laboral traballando con persoas con discapacidade, tarefa que realiza con gusto.

Agradecemos a Begoña a súa enerxía e forza, exemplo de muller brava que pula por mellorar a vida dos seus e da súa contorna. Para pechar a entrevista escoitamos a canción de Burning titulada: "¿Qué hace una chica como tú en un sitio como éste?".

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: http://alicerces.arkipelagos.net/2x8-radiomanoplas-bego%C3%B1a-%C3%A1lvarez-%C3%A1lvarez e en varias plataformas como SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.

Comments of 2x8 #RadioManoplas: Begoña Álvarez Álvarez

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society