2x9 #RadioManoplas: Sandra Senra Gómez

2x9 #RadioManoplas: Sandra Senra Gómez

7/13/2022 · 27:38
0
108
0
108
Radio Manoplas
Episode of Radio Manoplas

Description of 2x9 #RadioManoplas: Sandra Senra Gómez

A entrevistada no noveno falangullo desta tempada é Sandra Senra Gómez.

Nada en Sanxenxo onde pasou a súa infancia. Viviu en varias cidades galegas e tras estudar Psicoloxía chega a Vigo, onde desde hai 19 anos traballa na libraría "Libros para soñar". Gravamos a entrevista na libraría onde a literatura -sobre todo aquela dirixida ás cativas- é o eixo central desta conversa.

A editorial galega Kalandraka é a impulsora desta libraría, na que ademais de atopar un amplo catálogo de libros para as crianzas é tamén un espazo de dinamización cultural onde hai contacontos, sesións para bebés, formacións e tamén dúas libreiras estupendas. Sandra foi testemuña da mudanza da zona vella de Vigo, onde se atopa a libraría, que desde os inicios de século sufriu importante transformación. En paralelo a estes cambios Sandra fala tamén de como evolucionou a crianza e como con ela moitas familias comezaron a demandar actividades e libros para as meniñas desde idades máis temperás.

Xunto ao seu irmán Sandra traduciu ao galego varios textos infantís. O seu gozo polos libros vira en recomendacións para as persoas da súa contorna. Sen dúbida escoitala anima á lectura, xa Sandra transmite emoción ao falar de libros. Para rematar esta conversa ficamos coa peza que recomenda Sandra, nesta ocasión: "Hoy puede ser un gran día" de Serrat.

Podedes escoitar este e máis falangullos en: http://alicerces.arkipelagos.net/

literatura infantil contos libraría

Comments of 2x9 #RadioManoplas: Sandra Senra Gómez

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society