iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Manoplas Radio Manoplas
3x8 #RadioManoplas: Iria Vázquez Silva

3x8 #RadioManoplas: Iria Vázquez Silva

6/7/2023 · 31:16
0
59
0
59
Radio Manoplas Episode of Radio Manoplas

Description of 3x8 #RadioManoplas: Iria Vázquez Silva

Iria Vázquez Silva achégase aos micros de Radio Manoplas na oitava entrevista da terceira tempada.

Veciña da Travesía de Vigo onde medrou xogando nos descampados no seo dunha familia numerosa. Logo de repasar a súa infancia que Iria lembra con agarimo entramos na etapa universitaria marcada polos estudos de Socioloxía.

Estuda en A Coruña motivada polo seu interese no social que logo collería xeito a través da investigación e da intervención. Iria aprendeu tamén moito fóra das aulas: participou activamente nun sindicato de estudantes e no colectivo feminista "Meigas". Eran anos de moito movemento asembleario: en contra da guerra, da LOU, na loita de "Nunca Máis"...

Na actualidade, tras moitos anos de camiño, Iria é profesora de Socioloxía na Uvigo. Alén de dar aulas en diversas facultades investiga e estuda sobre feminismos, migracións, violencia machista.. sempre coa vocación de que a súa tarefa sexa útil para mellorar as nosas sociedades, as nosas vidas.

Rematamos a entrevista con música, nesta ocasión a entrevistada despídese con "A nossa história" de A Matraca Perversa.

+info: http://alicerces.arkipelagos.net

Comments of 3x8 #RadioManoplas: Iria Vázquez Silva

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society