![56º Programa Entrelazados [6º - 3T]](https://static-nweb.ivoox.com/img/pixel.gif)

Description of 56º Programa Entrelazados [6º - 3T]
Programa Entrelazados Nº 56, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago.
Neste sexto programa da temporada comezamos cunha entrevista á presidenta da Asociación de veciños de Ferrol Vello para falarnos das reivindicacións dun barrio necesitado da man das institucións, das actividades que organizan no novo centro cívico do histórico barrio de Ferrol Vello. E como non, tras a entrevista, escoitamos a Roger de Flor co seu tema [Ferrol Vello], moi adecuado para a ocasión.
Continuamos coa habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [A Radio No Cine] e pechamos esta hora de programa coa sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe [Cancións dos mares fríos de Hector Zazou].
Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.