iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By EntrelazadosRF Podcast de EntrelazadosRF
60º Programa Entrelazados [10º - 3T]

60º Programa Entrelazados [10º - 3T]

3/29/2017 · 59:32
0
54
0
54

Description of 60º Programa Entrelazados [10º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 60, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación Xurxo Gago.

Comezamos este décimo programa da temporada coa sección de apuntamentos de lingua galega onde falarei da campaña En galego sen límites. Non aos recortes ao galego, unha campaña da Mesa pola normalización Lingüística, logo escoitamos unha canción do grupo Saraibas por título Os aproveitados da fala.
Temos a habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz e a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras. Finalizamos coa canción Noite de Pedra de Arredemo.

Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

Comments of 60º Programa Entrelazados [10º - 3T]
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!