iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By EntrelazadosRF Podcast de EntrelazadosRF
 62º Programa Entrelazados [12º - 3T]

62º Programa Entrelazados [12º - 3T]

5/3/2017 · 59:34
0
38
0
38

Description of 62º Programa Entrelazados [12º - 3T]

Programa Entrelazados Nº 62, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación Xurxo Gago.

Comezamos este duodécimo programa da temporada coa sección reminiscencias do noso pasado onde escoitaremos ao historiador Eliseo Fernández que tratará sobre o movemento obreiro e o limiar das Irmandades da Fala, unha conferencia organizada pola Fundaçom Artabria co gallo do centenario das Irmandades da Fala de Ferrol.

Despois da historia continuamos coa habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Cabaret e Cotton Club], a continuación a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe [DJavan].

Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

Comments of 62º Programa Entrelazados [12º - 3T]
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!