
A Punta da Navalla 13. "José Veloso, o último brindeiro de Forgas" (outubro 2017)

Description of A Punta da Navalla 13. "José Veloso, o último brindeiro de Forgas" (outubro 2017)
Neste novo episodio d´A Punta da Navalla deterémonos en primeiro lugar na lembranza de José Veloso, Pepe de Forgas, un dos últimos brindeiros do Courel que nos deixou hai uns días, ao que queremos dedicar este programa.
Na segunda parte do programa temos dúas entrevistas moi interesantes. Na primeira delas, viaxamos ata o país Valenciá, para falarmos con Miquel Flores Abat que nos contará un pouco como está a arte do improviso por esas terras, onde se dan cantigas improvisadas como o Cant d Estil ou as albaes.
Na parte central do programa repasaremos coma sempre a actualidade regueifeira e para rematar o programa, temos unha entrevista cunha das persoas que máis sabe do arte do improviso, máis concretamente do brindo, na nosa terra. El é Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense e investigador e recolledor de músicas e cantos da zona da montaña luguesa, e especificamente dos cantos improvisados máis coñecidos por berindos, brindos ou loias que se daban no Courel, no Cebreiro e en toda esa comarca.
E todo isto acompañado con audios dos nosos homenaxeados no día de hoxe, os irmáns Veloso, os "últimos brindeiros de Forgas".
Medre o brindo!
Medre a regueifa!




















Comments of A Punta da Navalla 13. "José Veloso, o último brindeiro de Forgas" (outubro 2017)