A Punta da Navalla 14. "Brindo Vs Regueifa" (novembro 2017)

A Punta da Navalla 14. "Brindo Vs Regueifa" (novembro 2017)

11/25/2017 · 01:06:26
0
176
0
176
A Punta da Navalla
Episode of A Punta da Navalla

Description of A Punta da Navalla 14. "Brindo Vs Regueifa" (novembro 2017)

Aló polo 17 de maio de 1995 produciuse o 2º encontro entre as dúas tradicións de improvisar versos na Galiza: o brindo e a regueifa (tres días despois do 1º encontro realizado en Vigo). Nesa tarde memorable na Coruña, ao abeiro do 1º Certame Nacional de Regueifas celebrado en Vigo e na cidade herculina, entraron na controversia tres dos mellores repentistas da nosa terra: os bergantiñáns Calviño de Tallo e o Atrevido de Grixoa e, en frente deles, o gran brindeiro do Cebreiro, Antonio Río.
Neste especial d´A Punta da Navalla, achegarémonos a estas dúas porfías que marcaron un antes e un despois na historia da nosa tradición oral cantada.
Por outra parte, porémonos ao día na actualidade regueifeira na nosa sección de actualidade e escoitaremos parte dunha rezada entre Josinho da Teixeira e Mani Braga na actuación celebrada n´A Bugalleira este mes pasado...
Medre o brindo!
Medre a regueifa!

ribeira calvino brindo regueifa atrevido

Comments of A Punta da Navalla 14. "Brindo Vs Regueifa" (novembro 2017)

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World's musics and others