A vida é a arte do encontro

A vida é a arte do encontro

4/1/2024 · 01:29:52
0
232
0
232
Acontece en Ourense

Description of A vida é a arte do encontro

Conversamos con Sonia Sutti, unha excelente moradora do casco vello.
Sonia María de Oliveira Prestes, baronesa Sonia Sutti, nacida en familia da nobreza portuguesa no Brasil, viaxada polo mundo facendo alta costura para as firmas máis célebres da moda internacional, faladora de seis idiomas, socióloga de formación académica.
Gosta da literatura, da música, da pintura e de tódalas outras belas artes. Amiga de amar, da xente, de rir, gozar da vida, de viaxar, conversar; da tolerancia.
Achou o seu “lugar seguro” no casco vello de Ourense, nunha cidade que define como “feita á medida da persoa”. Despois de anos de frenética actividade laboral e social, agora “vive en paz, serenidade e alegría. Lonxe de todo o que lle causa molestia”.
Sonia Sutti recibenos nunha casa chea de beleza, no pazo dos Troncoso, na rúa Hernán Cortés. Falamos na súa mesa camilla, ó pé do balcón con vistas sobre a praza de San Marcial, e ós solpores deste val de tantos ríos, e ó sentido da existencia.

moda entrevista galego ourense

Comments of A vida é a arte do encontro

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World and society