Hoxe sábado, ente as 12.00 e as 13.00hs, volve O Sombreiro de Merlin a Radio Obradoiro. Faino cun monográfico de luxo: ao longo de case unha hora, manteremos conversa telefónica con Marga Clark, poeta e fotógrafa, cunha ampla traxectoria artística, cuxa obra podemos atopar no MOMA de Nova York. Marga Clark, é asimesmo, autora da novela "Amarga luz"(Ed. Funambulista,2010), unha ficción novelada da vida da súa tía Marga Gil Roësset, unha das meirandes creadoras da Xeración do 27, debuxante, escultora, artista precoz, cuxa imcomparable obra sae agora á luz, a través da reivindicación que da súa figura está afacer a súa sobriña e convidada nosa, Marga Clark.
Comments