

Description of Ar de Coruña. Capítulo 38 (3x03): Zalaeta
Mónica Alonso leu o editorial que viaxou da Transición (coa recente morte do ex-Presidente Adolfo Suárez) ao desaloxo do CSO de Palavea, deu comezo unha nova edición do programa Ar de Coruña. LUME!!
Este mes, o programa estivo adicado ao barrio de Zalaeta. Tivemos radiografía e mosaico sonoro, ademáis de entrevistas a representantes da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes, a Fundación Ronsel e o C.D. Zalaeta.
Na segunda hora tivemos a sección de Ciencia para Frikis (Os gatos vivos de Schrödinger), onde tivemos a Jose Antonio García da CEMA (Coordinadora de Estudos en Mamíferos Mariños).
A sección farmacéutica "Me lo cubre el seguro" (a cargo de Francisco Javier Víctor Martín), que deu consellos para afeitarse.
Nos Espazos Culturais, falamos da Sala Mardigrás, entrevistamos ao músico galego Nacho Mora, e na Axenda Infantil falamos do Titiribaile.
Os deportes (con Pablo Alegre) e o humor de "El Mundo Tomorrow) (con Samu), completaron o programa deste mes.
Locución: Mónica Alonso e Roberto Catoira.
Técnico de son: Mariano Fernández.
Axudante do control: Mª José Castelo.
Rexiduría e radiografía do barrio: Bea Ulalume.
Redes sociais: Isa Lema.
Producción auxiliar: Javier Tato, Ángela Triana, Esteban Fernández, Jessica Martínez, Sofía López, María Sánchez e Tere Bermúdez.
Audio emitido en Cuac FM o 29-3-2014.