iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Cuac FM Ar de Coruña (completo)
Ar de Coruña. Capítulo 7: AchegArte

Ar de Coruña. Capítulo 7: AchegArte

4/3/2011 · 01:34:24
0
102
0
102

Description of Ar de Coruña. Capítulo 7: AchegArte

O primeiro programa de Ar de Coruña desde fora dos Estudios José Couso e Alexandre Bóveda da Zapateira se realizou dende a feira AchegArte. O audio non está exento de problemas técnicos (que cortaron a emisión do noso programa durante un tempo), e houbo que recortar uns minutos.

Programa especial realizado con estudio móbil en Palexco, co motivo da celebración da feira AchegArte 2011, un espazo dedicado á creación e á industria cultural de Galicia. O son víuse afectado por contratempos técnicos que incluso acurtaron a duración inicial do noso programa, razón pola cal pedimos desculpas ós nosos oíntes.

A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Manuel Castiñeira, e contou co control técnico de Fernando Souto e de Ángela Triana, ademais da sempre valiosa colaboración da Coordinadora de Redacción e da Coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM.

Os contidos desta entrega especial AchegArte foron os seguintes:

- Extracto da entrevista realizada para a emisora a Fernando Madina, do grupo Reincidentes.
- María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da nosa cidade, falounos acerca de AchegArte.
- Charla con aCentral Folque, centro galego de música popular.
- Fernando Losada falou con Rodrigo de Urco Editora.
- Diego de la Vega conversou cun representante de Alita Comics.
- Entrevista con Lázaro de UNIMA Galicia, asociación centrada na arte da marioneta.
- Visita de Luz Castro, de Imaxin Software, empresa de consultoría e desenvolvemento de servizos software.
- Charla cos escritores Estíbaliz Espinosa e Xabier P. DoCampo.
- Entrevista con Begoña Cuquejo e Marta Alonso de Danesga (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega).
- Antonio Prado falou con Tati Mancebo, representante do grupo de asistencia cultural na rede Algueirada.
- Rematando a emisión, houbo tempo para facer unhas preguntas e escoitar ós cantareiros Maghúa.
- Tivemos tamén a fugaz visita sorpresa dun querido membro de CUAC FM no pasado.
- Achegamos tamén o mosaico sonoro producido e locutado por Fernando Losada a partir das respostas ás preguntas de Mónica Alonso en relación a AchegArte e á cultura.

Audio emitido en Cuac FM o 02/03/2011.

Comments of Ar de Coruña. Capítulo 7: AchegArte
This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!