iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

6/25/2024 · 01:45
0
15
0
15

Description of Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única

Este
faladoiro completa as actividades programadas arredor de Mary Quintero, a primeira muller
viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas, nas que tamén se inclúe
a exposición sobre a súa traxectoria que pode visitarse na sede viguesa da
Deputación de Pontevedra. No podcast,
a propia Mary Quintero narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide,
nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de
cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu
pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprendendo
todo. Fixo a súa primeira exposición en Lugo cando tiña 15 anos e, desde ese
momento, o seu pai insistiu en que asinase co seu nome e animouna a ter o seu
propio estudio, primeiro en Lugo e despois en Vigo, a onde chegou nos anos cincuenta
para facer sesións fotográficas nas mellores casas da cidade, irrompendo nun
mundo de homes no que destacaban fotógrafos do prestixio de Pacheco, Balín ou
Ángel Llanos. Montou o seu estudio na céntrica rúa Urzáiz, no mesmo edificio
onde vivía, e conciliou o oficio de fotógrafa, á fronte dun equipo de once
persoas, coa crianza de dúas fillas e dous fillos. Cando chegou a fotografía a
cor e ninguén parecía capaz de dominar a nova técnica, ela desenvolveu un
sistema propio de retoque fotográfico que salvou o sector. A partir de aí,
Kodak contratouna para darlles cursos a fotógrafos de todas partes. Tamén usou
maxistralmente o proxector de fondos e, de novo, tivo que ensinar a moitos
outros estudios a traballar con el. Compartiu os seus coñecementos dunha forma
xenerosa en centos de congresos por todo o mundo e retratou varias xeracións da
sociedade viguesa e moitos rostros coñecidos ao longo de 77 anos de carreira,
nos que recibiu o respecto e a admiración das e dos seus colegas de profesión e
os premios máis importantes. Hoxe experimenta coa pintura, a súa outra
paixón, e asegura estar encantada coa fotografía dixital, aínda que a súa
chegada lle obrigase a pechar o estudio.

Comments of Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!