iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas
Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora

Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora

9/12/2024 · 02:12
0
18
0
18

Description of Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora

Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homónima, Urraca de Zamora, instruíuna e serviulle de referente para non deixarse asoballar. Ela era tamén unha muller moi intelixente e rebelde que estudaba, participaba nas conversacións políticas, montaba dacabalo e ía de cacería cos seus irmáns. Non a deixaron gobernar pero proxectou na súa sobriña todo o que querería facer, e logrouno. Na España medieval de principios do século XII, nun mundo masculino onde as raíñas só podían dar herdeiros e contribuír co seu dote, a vida de Urraca I de León, alcumada a Temeraria polo seu carácter batallador, foi unha loita constante por conservar o poder e a integridade dos seus feudos ante as ameazas das e dos inimigos e dos seus propios parentes. As e os partidarios do seu fillo chegaron a cercala no castelo de Sobroso pero, malia as numerosas conspiracións, Urraca logrou gobernar en solitario ata o final da súa vida. Tras a súa morte, acusárona de reinar tiránica e femininamente e sufriu a condena da memoria ou damnatio memoriae, que durante moitos séculos ocultou o seu gran papel como unha das raíñas máis determinantes da historia de España, só polo feito de ser muller. No faladoiro deste capítulo convidamos a xornalista e escritora Isabel San Sebastián con motivo da publicación este mesmo ano do seu libro La Temeraria, centrado na vida da raíña Urraca, e contaremos tamén coa historiadora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela Carla Trincado, que centra a súa liña de estudo na historia das mulleres e, dentro desta, no poder feminino durante a Plena Idade Media, particularmente aquel exercido polas raíñas e infantas da península ibérica.

Comments of Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!