
CAMBADOS CONTRA A AME CON PINTURA, MUSICA E FUTBOL

Description of CAMBADOS CONTRA A AME CON PINTURA, MUSICA E FUTBOL
CAMBADOS
Cambados vólcase coa AME, a Artrofia Muscular Espinal que padece a veciña de Castrelo Merchi Alvarez, a través dunha campaña de concienciación
O sábado 28 de marzo o artista José Ángel Rodríguez López, máis coñecido por Gogue, e o pintor cambadés Lino Silva, pintarán en vivo dous lenzos a partir das 11 da mañá na Praza Alfredo Brañas, que posteriormente serán subastados.
O acto estará amenizado con música en directo e tamén estará instalado un photocall para os que desenxen facerse un selfie de língua, a campaña que leva meses recorrendo as redes sociais.
Ademáis celebrarse tamén un partido de futbol promovido polo Beiramar de Castrelo o día 19 de abril con entrada a dous euros.
Todo o que se recade irá destinado á Fundame.
Detalles dunha campaña de concienciación contra o AME que explicaban esta mañá en rolda de prensa a propia cambadesa afectada, Merchi Alvarez, xunto cos artistas e o alcalde Luis Aragunde.