iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Fidel Mouzo Retrato Sonoro
Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2.

Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2.

4/3/2025 · 30:21
Retrato Sonoro Episode of Retrato Sonoro

Description of Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2.

Benvidas e benvidos a este segundo episodio con Luis Congil, xornalista e autor de "A marabillosa historia do viño en Galicia", onde seguimos afondando no legado vitivinícola do noso país.

Se no primeiro episodio descubrimos documentos históricos que vinculaban o primeiro viño documentado de Ribadavia con América, ademais de fabulacións (ou non) de Álvaro Cunqueiro, os lagares de Castrelo de Miño e a historia do Museo do Viño en Santo André de Camporedondo, nesta ocasión expandimos aínda máis a mirada.

Acompañado por Jorge Marcote, viticultor, e conducido por Fidel Mouzo, este novo episodio de Da cepa á bodega en Retrato Sonoro mergúllanos nunha viaxe polas orixes do viño a nivel mundial e no papel singular de Galicia dentro deste contexto.

Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? Un repaso polas orixes do viño no mundo e os mitos que rodean a súa chegada a Galicia.

A explicación de porqué Galicia é considerada por Luis Congil e outros estudosos «a reserva da viñosfera», unha xoia en canto a diversidade varietal.

A importancia dos lagares rupestres como testemuñas da tradición vitivinícola e a súa pegada etnográfica e arqueolóxica.

O significado da expresión «a bico de lagar» e a súa relación co xeito tradicional de elaboración do viño.

E un pequeno apunte técnico… se notades que Jorge Marcote non se escoita perfecto, xa vos avisa o noso presentador e produtor, que a culpa é súa!

O viño é moito máis ca unha bebida: é historia, identidade e tradición. Non perdas este episodio e mergúllate connosco na fascinante historia do viño galego!

Dálle ao play e escoita xa este segundo episodio con Luis Congil de Da cepa á bodega!

Fonte da fotografía, portada deste episodio: Facebook do Museo do Viño de Galicia.

Comments of Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2.

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!