iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By André C. Pastor pequenomonstro Diálogos 3 (Radio 3-RNE)
Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial MARK ISHAM - 06/08/1991

Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial MARK ISHAM - 06/08/1991

4/1/2012 · 46:20
4
3.3k
4
3.3k

Description of Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial MARK ISHAM - 06/08/1991

Novo especial da serie DIALOGOS 3. Nesta ocasión recuperamos dunha vella cinta de casete no aquivo sonoro do Pequeno Monstro, un programa monográfico, emitido o 6 de agosto de 1991 en Radio 3 [RNE], adicado ao trompetista, pianista e produtor MARK ISHAM.

MARK ISHAM, nace un 7 de setembro de 1951 en Nova Iorque. Na súa adolescencia xuntábase cos seus amigos nos garaxes das súas moradas para fazer músicas. Entre eles estaban, Terry Bozzio, Peter Maunu e Patrick O´Hearn.

Ao cumprir 20 anos comeza a estudiar programación de música electrónica, inda que mantén a trompeta coma instruemento principal na súa carreira coma compositor.

Traballos por el asinados, coma Vapor Drawings, Castalia ou Tibet foron nominados aos premios Grammy. Ademáis foi galardonado nos Emmy e candidato aos Globos de Oro e Oscar. De feito, Mark Isham é actualmente un dos tres compositores de BSO de filmes máis recoñecidos, xunto a Ennio Morricone e John Williams. No seu haber están máis dun cento de músicas para filmes.

A banda sonora do filme The Moderns [Alan Rudolph, 1988] ou mesmo a sinfonía eletrónico-tribal, para o video TIBET, producido por Windham Hill, casa discográfica para a que MARK ISHAM ten gravado unha parte da súa música, son parte da súa produzón.

ISHAM ten colaborado coma músico de sesión, en traballos doutros artistas: Tanita Tikaram, Suzanne Vega, Art Lande, Taj Mahal, Van Morrison, Joni Mitchell ou, os mesmísimos, Rolling Stones.

Neste especial de DIALOGOS 3, apresentado nesta ocasión por Lara López, escoitaremos un repaso a sua biografía coma músico, parte da súa obra, así coma a súa participación creativa en traballos doutros artistas, por esta orde:

- Patrick O´Hearn [Rivers Gonna Rise, 1988]
- Peter Maunu [Warm Sound in a Gray Field, 1990]
- Mark Isham [BSO Country, 1984 - traballo colectivo]
- Mark Isham [BOS The Moderns, 1988]
- Mark Isham [Castalia, 1988]
- Rubaja & Hernandez [High Plateux, 1987] - Isham, produtor.
- Mark Isham [BSO Tibet, 1990]
- Mark Isham [BSO Songs my ChildrenTaught me, 1991]

Sintonizamos. Radio 3 [RNE], tres da tarde, Dialogos 3. Dirixe Ramón Trecet, presenta Lara López.


Fonte: arquivo sonoro de o Pequeno Monstro [Rádio Filispim]

http://pequenosmonstros.blogspot.com

Comments of Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial MARK ISHAM - 06/08/1991
A
GRACIAS A PEQUENO MONSTRO...ALUCINANTE..!!!..QUE VUELVA TRECET TAMBIEN A LA NBA...!!!
ATENCIÓN!!!. Novo blog con todos os programas e info adicional: http://offmental.blogspot.com
Olá, no tengo esa grabación que refieres. Tengo algunas cosas que iré subiendo... pero esa que refieres no. Gracias por el comentario y un saludo.

Pequeno Monstro
Por favor, podéis subir el audio del programa dedicado a la banda sonora del Show de Truman. Muchas gracias.