Dispositivos electrónicos e redes sociais en relación coa saúde mental - 5ºe6º EP - Completo
Description of Dispositivos electrónicos e redes sociais en relación coa saúde mental - 5ºe6º EP - Completo
Nas aulas de 5º e 6º de primaria do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos decidiron investigar sobre o uso de dispositivos electrónicos e redes sociais en relación coa saúde mental das persoas. Para iso, consultaron a dous expertos, Roberto, o seu profesor de informática e tamén a Iván Vázquez, do programa Navega con Rumbo (Colexio Profesional de Enxeñería informática de Galicia). A maiores, entrevistaron a compañeiros e compañeiras de colexio e tamén enviaron unha completísima enquisa aos domicilios de pais e nais. Con todo, sacaron as súas propias conclusións e incluso fan unha serie de recomendacións.
RTVEnxebre é un proxecto de Ayuda en Acción co apoio da Xunta de Galicia. Desenvolve: AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social