
Divertimento (02/10/2015) - `Apaga la tele, enciende tu vida´ + presentación Ferror Records

Description of Divertimento (02/10/2015) - `Apaga la tele, enciende tu vida´ + presentación Ferror Records
Divertimento para pequenos monstros, edición do vernes 2 de outono de 2015 na Rádio FilispiM, 93.9 FM
Contidos:
"Apaga la tele. Enciende tu vida", proposta interdisciplinar protagonizada por Rubén Artabe (músico e cantos), Luis Kaf (poeta) i Erika Road (performer). Os tres estiveron no estudio e contaron de que vai este proxecto que percorrerá a xeografía galega. Ese mesmo venres estiveron subvertindo o Ateneo Ferrolán.
"Ferror Records", un selo de música e músicos locais, creado por Serxio Peck Retropower e Fernando Fernández Rego. Escoitaremos datos sobre este proxecto feito realidade e ouvimos (en exclusiva mundial) parte do primeiro cedé recompilatorio deste selo ferrolterráqueo, adiantándonos ao acontecido na presentación do selo, o sábado 3 de outubro de 2015 na Sala SUPER 8 Ferrol. Actualmente a escuderia de Ferror Records está formada por tres grupos de Ferrol: Alarido Mongólico, Espejos y Diamantes e Carrero Bianco.
Recomendacións para esta finde...
Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro Transmiten, radios libres: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Radio Kalimera, 107.9 (Compostela). + info: http://pequenosmonstros.blogspot.com















Comments of Divertimento (02/10/2015) - `Apaga la tele, enciende tu vida´ + presentación Ferror Records