
DIVERTIMENTO (extra) - Maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)

Description of DIVERTIMENTO (extra) - Maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)
O pasado sábado 13 de xuño de 2015, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, a equipa habitual de Divertimento para pequenos monstros, participamos na maratón "A Filispina Tolea!", xunto a outros espazos, dentro do programa de actos do 10º aniversario da libre e comunitaria que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM.
Durante algo máis de hora e media, falamos con algunhas das persoas que foron testemuñas dos alicerces "filispinianos", aquelos primeiros tempos donde lle demos forma a idea entre moita xente diversa chamada a activar a primeira radio libre e comunitaria de Ferrol e Trasancos.
No estudio da Rádio FilispiM, estiveron, contando cada quen as súas lembranzas e valorando o estado actual do proxecto: Cholo Martínez, Paula Meizoso, Nes, Xabi, Iván, Suso Manchita, Narsés Mira, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Coma convidado especial estivo Serxio dos Carrero Bianco, que tocaron aquela mesma noita no Pinsapo.
Longa vida a Rádio FilispiM, compartindo dende o 2005.















Comments of DIVERTIMENTO (extra) - Maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)