![Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida]](https://img-static.ivoox.com/index.php?w=175&h=175&url=https://static-1.ivoox.com/audios/3/8/e/6/38e67721fa12316e262cb7b888c4f86d_XXL.jpg)
Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida]

Description of Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida]
[Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo.
Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán.
A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández.
As sonificacións do investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rubén García Benito permitirannos converter datos do universo en imaxes sonoras. José Manuel López Vilariño explicaranos como a biotecnoloxía permitiu crear unha auténtica cervexa de abadía con lévedos recollidos no propio mosteiro de Sobrado. Coñeceremos con Nacho Munilla algunhas das aves que podemos ver, e escoitar na lagoa de Sobrado.
E todo isto coa compaña dos amigos da asociación AMIPA, da asociación a Maristela e a ONCE de Santiago.
Comments of Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida]