¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta todo 1 año de Premium al 45% de dto ¡LO QUIERO!


Episode of Entrevistas da Laboral
Description of Entrevista a Rosa Berbel
O alumnado do Club de lectura de 3º da ESO estivo de excursión en Granada e alí aproveitamos para coñecer e entrevistar á poeta Rosa Berbel, autora de poemarios como Las niñas siempre dicen la verdad o Los planetas fantasma.
Nesta conversa Noa, Martiño e Nicolas falan con Rosa sobre a cantidade de posibilidades que ofrece Granada, os seus referentes na poesía, a importancia da figura de Lorca na cidade ou as súa película, libro e canción favoritas.
Tamén nos da un consello fundamental para adentrarnos na lectura de poesía: non obsesionarnos demasiado con entendelo todo á primeira. Gozar tamén do asombro ante aquelo que se nos escapa.
entrevista
poesia
club de lectura
granada
Rosa Berbel


















Comments of Entrevista a Rosa Berbel