Description of Entrevista con Daniel Cerdeira e Anxo mena
Daniel Cerdeira: "A idea é estudar tanto o hábitat como as poboacións, para coñecer os parámetros ambientais que mellor os definen, ao final, para ter unha mellor xestión de recursos marisqueiros."
O estudo titulado “Caracterización multivariante do substrato: o caso dos bancos marisqueiros das ría altas” caracteriza por primeira vez o substrato dos bancos marisqueiros. Aínda que o título podería facernos pensar que foi escrito nos anos 70, cando se empezaron a estudar de forma científica e sistemática os bancos marisqueiros, este artigo foi publicado no ano 2021. Aínda que unha investigación básica para a comprensión das especies comerciais como esta poida parecer anacrónica, trátase dun novo enfoque no que se aplican técnicas xa utilizadas polos sedimentólogos para o coñecemento das comunidades de especies comerciais. Ademáis, como explican dous dos seus autores nesta entrevista, a gran cantidade de datos que se recolleron fai que sexa unha publicación moi sólida.