Description of Entrevista con Jose Martínez Cedeira
Jose Martinez Cedeira, presidente da CEMMA: "Sorprende chegar a obter resultados de que tan só o 25% dos mariñeiros coñece e sabe identificar correctamente as especies de cetáceos"
Defender o patrimonio natural é un traballo para toda a sociedade e non só para as persoas que teñen contacto directo con ela. Iso sábeno ben na CEMMA, unha asociación que leva case 30 anos defendendo o patrimonio mariño de Galiza. Mentres non tiremos abaixo as barreiras mentais que existen entre o mar e a terra non valoraremos suficiente o noso patrimonio mariño. Sobre que actividades está a facer a CEMMA para romper esas barreiras, e de como a labor dos observadores científicos é crucial para aumentar o coñecemento de certas especies, estiven a conversar con Jose Martínez Cedeira, o presidente desta ONG.