Description of Ep. 363: BASAL, de UGIA PEDREIRA
"Basal" é o título do novo disco de Ugia Pedreira. Coproducido pola propia artista, en colaboración con Guadi Galego, Arturo Vaquero e Marina Oural, este novo traballo foi preparado tecnicamente nos Estudios Abrigueira, de Friol.
Con este feliz motivo, recuperamos para o Grandes Vozes unha entrevista a Ugia feita por Dani Levesedo, do programa Gz Música, emitido en Nós TV.
O lugar da conversa: a horta do famoso Aturuxo, en Bueu.
Dise de Basal que é como unha especie de obra terapéutica. Segundo aparece nas redes sociais da artista, o album conecta música, psicoloxía, territorio, corpo e casa como elementos fundamentais que atravesan as cancións.
Esta viaxe polas diferentes 'a-pedreiras' que conviven dentro de Ugía Pedreira fusiona estilos diversos, pintando a música galega desde un magma amplo e transversal.
Con Folliñas dunha rosa
Heiche facer un vestido
Nunha ha de perder as cores
Enquanto dure o cariño