iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Burela Grandes Vozes do Nosso Mundo
Ep. 397: BRUNO VILLAMOR

Ep. 397: BRUNO VILLAMOR

4/26/2025 · 59:43
0
109
0
109

Description of Ep. 397: BRUNO VILLAMOR

Bruno Villamor Gay (Lugo, 1978)está titulado Superior en Música na Especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neto d’O Gaiteiro de Santo Xusto’, ten contacto coa música tradicional desde moi neno recibindo ensino de mestres da talla de Enrique Candal, Daniel Bellón, Pepe Vaamonde, Iván Costa, Germán Diaz, etc.

Membro fundador do grupo Caldaloba de Lugo, co que ten editado o cd As Córes da Música (Sons Galiza, 1999); e do grupo Os Minhotos co que ten editado o cd Pinga d’Auga (2013), na actualidade desempeña a súa faceta de gaiteiro e compositor nos grupos Zoelas (co que ten editado o cd Tesmenteira), Tango en Xan3iro (co que ten editado o cd Meu Pitiño) e A Vagabán.

Entre os diversos galardóns obtidos destacan o 1º Premio do Concurso Sons Folk 98 atinxido como membro do grupo Caldaloba, finalista do 24éme e 26éme Trophée Interceltique pour soliste de gaita Mac Crimmon (Lorient 2012 e 2014) e os dous accésits acadados no Concurso de Gaita Constantino Bellón nas edicións XVI e XVIII.

Na actualidade combina a dirección artística da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” coa impartición de clases de gaita, requinta e percusión tradicional. Ten impartido diversos cursos en Galicia (XVI, XVII, XVIII, XIX e XX Curso de Cultura Tradicional Galega organizado pola Asociación Cántigas e Frores de Lugo; Curso de Técnica e Interpretación de Gaita Galega (2006) no Conservatorio Profesional de Ourense; Os Ritmos tradicionais galegos no ensino da música e da educación física (2008) na USC) e na Galicia exterior (Unity Galega de New York; Centro Galego de México DF; Centro Galego de Santander; Centro Galego de Vitoria; Irmandade Galega de Euskadi; Casa de Galicia de Ponferrada...)

Ao longo da súa carreira realizou varias publicacións: a serie Temperando Iniciación (editorial Dos Acordes) método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que consta de catro volumes; dous volumes da serie Temperando Intermedio (editorial Dos Acordes) A Evolución da Música Tradicional Galega (libro publicado polo Concello de Santiago de Compostela do que é coautor), o artigo Cántigas e Frores publicado na revista Etno-folk, Cántigas e Frores “60 anos de tradición”. Editorial Cántigas e Frores e O Gaiteiro de Santo Xusto “O son da Ulloa”. Edición propia.

Participou na gravación de diversos discos como son o XIII, XVI, XVII, XVIII e XIX Constantino Bellón, I Certame de Gaita As Mariñas de Betanzos, Mira como veño (do grupo Cantatí), Contratempo (do grupo Leña Verde de Pol) así como no proxecto Trece Lúas organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos gravando gaitas e requintas.

Tomado de: http://gaiteirosgalegos.gal/tradescola/index.php?option=com_content&view=article&id=3&Itemid=4

Comments of Ep. 397: BRUNO VILLAMOR
This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!