iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By Radio Burela Grandes Vozes do Nosso Mundo
Ep. 404: Recuperamos a memoria con MJ Pérez

Ep. 404: Recuperamos a memoria con MJ Pérez

6/8/2025 · 01:01:10
0
29
0
29

Description of Ep. 404: Recuperamos a memoria con MJ Pérez

Cando en 2016 nacía o Grandes Vozes, MJ Pérez -que era artista emerxente- pasou polo noso programa. Desde aquel momento, as súas músicas foron habituais na nosa selección e sempre que nos fixo chegar novidades nós comunicámolas á nosa audiencia nacional e internacional.
Agora, decorridos case dez anos de carreira artística, conversamos novamente con ela sobre a súa formación e experiencia laboral en materia de Produción Audiovisual, sobre Carvalho Calero e tamén sobre dous premios moi importantes: Youtubeira á eficiencia comunicativa (2019) e Martín Codax (2021).
Tamén conversamos sobre a súa particular fusión entre Rosalía de Castro e Rosalía e das colaboracións coas CRUA e Garota Não; e con Sofía Espiñeira, Peter Petrowski e Hugo Guezeta.
Durante o diálogo, enfatizamos o “Perdín a memoria” -o seu último traballo, unha canción escrita entre Galiza e Francia, producida polo
músico portugués Sérgio Miendes- e non esquecemos o "Vai Embora" e o "Tanto por loitar".
Nunha conversa sen tabús, falamos abertamente do período de crise que a levoou mesmo a pensar en abandonar.
Felizmente, foi unha pausar para respirar e tomar alento.
Nestes minutos para o "Deixe Falar" temos o pracer de ofrecer ao público a paixón con que habitualmente se expresa a nosa convidada.

Comments of Ep. 404: Recuperamos a memoria con MJ Pérez

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to World's musics and others