Description of Episodio 71 - 16/05/2024
Demos, coma de costume, as novas das asociacións teenses Arc Os Tilos, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Anpa A Rabadela, ANPA Río Tella, ANPA CRA de Teo, Aspamite, Arexionalista Teo, Asociación Trinxidoiro, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Rosalia De Castro Cacheiras, Asociación de Mulleres Rurais de Teo, A Praíña - Entreaspontes, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, teenses pola igualdade, Asociación Amigos peludos de Teo, Asociación de veciños Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D. Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e logo temos un bloque musical onde aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles unen Aparato, A Pedreira e Guadi Galego, Belém Tajes e Marilia Monzón, Baiuca e Antía Ameixeiras, Zavalamusica, Lucía Aldao, STONED AT POMPEII, Familia Caamagno e A banda da Loba.
Conversamos coa nosa querida Xiana Lastra Pernas que nos fala dos derradeiros temas que foi sacando A banda da Loba e nos explica un pouco que é iso do material didáctico que sacaron a partir deles.
O noso profe de economía Benjamin Lopez fala un ratiño dos tipos de interés e do Euribor na súa sección Conversas de Economía por Juasap.
E para rematar, no E ti que pintas? temos ao médico e artista Jose Luis Iglesias Diz que nos conta como comezou a pintar e como fixo para compatibilizalo coa súa outra paixón, a medicina.