iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By AXenteDeTeo A Nova Realidade
Episodio 74 - 27/06/2024

Episodio 74 - 27/06/2024

6/27/2024 · 02:30:13
1
21
1
21
A Nova Realidade Episode of A Nova Realidade

Description of Episodio 74 - 27/06/2024

Derradeiro xoves desta tempada de A Nova Realidade. O que non sabemos é se será o derradeiro programa de A Nova Realidade, todo dependerá do que meditemos o Brando máis eu este verán e do que nos digades vós... se vos presta que sigamos dicídenolo comentando este post.

Neste derradeiro programa temos con nós a colaboración de xente que, sen ela, isto non podería ter seguido... graciñas Alejandro Regueiro , Benjamin Lopez e Alicia De Galicia! Vós sodes A Nova Realidade.

Damos as novas das asociacións teenses BolboreTea Fam Teenses Neurodiversidade, Arc Os Tilos, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Anpa A Rabadela, ANPA Río Tella, ANPA CRA de Teo, Aspamite, Arexionalista Teo, Asociación Trinxidoiro, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Rosalia De Castro Cacheiras, A Ponte Vella, Asociación de Mulleres Rurais de Teo, Banda de Música Cultural de Teo, A Praíña - Entreaspontes, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, teenses pola igualdade, Asociación Amigos peludos de Teo, Asociación de veciños Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D. Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e logo temos o bloque musical que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles suman, desta volta, Carabela Música, Broken Peach, Carlos Ares Music, Keixa, Antía Muíño con Caamaño&Ameixeiras, Cristina Eiró, A Pedreira, Hugo Guezeta, Os Vakalouras e LOITA AMADA.

No noso derradeiro E Ti Que Pintas? contamos con outro dos grandes muralistas da nosa terriña, o gran Yoseba MP, que nos fala de como comeza a pintar e os seus traballos.

E para rematar, imos facelo co amigo Cristian Silvoso coñecido nas redes coma ZettaGamer, recoñecido Youtuber e influencer que nos fala como chega a selo e os seus proxectos.

Comments of Episodio 74 - 27/06/2024
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!
Aguardo que continue o programa, agradeço em especial a secçom de notícias locais (sendo eu neo-teense) e o trabalho de difusom da música galega (e também o E ti que pintas?). O que acontece é que em conjunto resulta muito longo e nom sempre há ocasiom de o escuitar inteiro dumha vez. Logo som muitas cousas diferentes as que há dentro. O mesmo era melhor dividí-lo em diferentes micro-programas temáticos (também para a gorja, que nom sei como che atura) ou reduzir a duraçom. A maior parte dos conteudos parecem-me necessários e interessantes, apenas miraria de os estruturar dalgum outro jeito. Enfim, tu dirás. Muito ánimo, da-lhe umha volta e a ver se para a temporada podemos seguir escuitando! Abraço.