Description of Episodio 75 - 22/10/2024
Volta A Nova Realidade e faino cunha remuda importante. Agora o programa dura unha horiña, así que é moito máis doado de dixerir.
Non faltan as novas das asociacións teenses (e agora tamén as da contorna) e a música feita aquí, cos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A Banda da Loba, aos que se lles unen hoxe Marian, Mondra, Tanxugueiras e Ukestra do Medio.
A gran novidade desta tempada é que a Brando e a Iván se lles une na presentación do programa Nair, coa que falamos un rato para que a coñezades máis.
E para rematar, entrevistamos á presidenta da asociación teense Cruceiro do Monte de Solláns, a compi teatreira Milagros Martínez.
Pegádelle unha escoita, que desta ides poder ben con el e xa nos comentades que vos parece. E se vos presta, compartídenos ou apoiádenos no noso recén creado patreon https://www.patreon.com/ANovaRealidade