Description of Episodio 76 - 05/10/2024
Na Axenda cultural falamos sobre o documental de Laura Rabizal (O amigo Xurxo Souto) que presentou recentemente en Chantada. Tamén do certame de teatro que xa comezou en A.C. A Mámoa de Luou - Teo e que nos trae teatro todos os domingos deste mes. Tamén da Ruada de Outono da Asociación A Xesteira e da Romaría Viva de Santiso de Santiso Vivo. Continuando pola Asoc. Cultural Gazafellos do Val co seu magosto e o concurso de bandas xuvenís, a proxección dun documental de Carmen Pérez Gonzalez-Granxeiro na Gentalha Do Pichel. E para rematar falamos da saída micolóxica de teenses pola igualdade e o camiño de vivos e mortos da Asociación Trinxidoiro.
Co gaio do día Mundial da dor crónica, celebrado o pasado 17 de outubro, Falamos un anaco dela e escoitamos á nosa querida Alicia De Galicia que protagonizou un video dun tratamento que está a seguir e nos falou del e logo falamos coa fisioterapeuta Elvira M. García para saber das súas experiencias nesta súa profesión.
No espazo musical, patrocinado (e agradecidísimos de que o faga) por A Despensa do Saa, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba, se lles van sumar desta volta Carolina Rubirosa, Broken Peach e Sun Iou e falaremos do novo tema de Mr Kamandula.
E para rematar, falamos co presidente e mestre de pandeireta da asociación Asociación Cultural O Tileiro Goyo Ramos, que nos contou como nace esta asociación e que tal lle está a ir.
Estades con nós? gústavos o noso traballo? pois podemos facer máis cousas se nos apoiades, nos compartides e, se podedes, aportades algo no noso patreon. Bicasos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade