iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By AXenteDeTeo A Nova Realidade
Episodio 78 - 03/12/2024

Episodio 78 - 03/12/2024

12/3/2024 · 01:10:26
0
16
0
16
A Nova Realidade Episode of A Nova Realidade

Description of Episodio 78 - 03/12/2024

Desta volta, logo da axenda cultural na que falamos de Aspamite, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Asociación Cultural O Tileiro, Arc Os Tilos, A Ulloa Viva, teenses pola igualdade, AC A Carrabouxa, Amigos Peludos de Teo, Asociación Cultural Coto Manguelo e os deportes co Praíña, Calo, Caheiras Recesende, Clube de Patinaxe de Teo, Club Billar Teo e Club San Francisco Teo, temos un primeiro bloque no que volta o E ti que pintas? no que Nair falanos da conta de instagram @mujercitastudio que é unha comunidade crada por dúas amigas que queren tecer unha memoria colectiva de mulleres artistas.

Logo, no noso bloque musical teremos unha sorpresa na canción de cabeceira e á de peche de A banda da Loba lles acompañan Deleiba, Michu da Rocha, Os Imperfectos, @maricarme.trad e Fillas de Cassandra. Ademáis falamos dun docu que tedes que ver de Loita Amada e do concerto de despedida na Sala Capitol de Compostela.

E para rematar, voltan os Básicos de Salón, pero hoxe non o escoitaremos enteiro... pasan a ter o seu propio espazo dentro da programación da radio de A Xente de Teo, co cal, escoitaremos un adianto do que será un básico de salón que levamos agardando hai tempo e que por fin podemos dicir que temos o do noso grupo de cabeceira, Mileth.

Despedimos mandándolle os parabéns ao Teovivo polo seu décimo aniversario.

Compartide, escoitade, dicídello á xente, disfrutádeo e, se vos presta, apoiádenos en Patreon para poder facer moito máis.

https://www.patreon.com/ANovaRealidade

Comments of Episodio 78 - 03/12/2024
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!
No comments yet. You can be the first!