iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By AXenteDeTeo A Nova Realidade
Episodio 79 - 17/12/2024

Episodio 79 - 17/12/2024

12/17/2024 · 01:16:14
0
14
0
14
A Nova Realidade Episode of A Nova Realidade

Description of Episodio 79 - 17/12/2024

Despedimos o ano 2024 con este derradeiro programa do mesmo.
Hoxe traemos de novo a axenda cultural na que vos contaremos propostas das asociacións e colectivos veciñais como ANPA A Rabadela, ANPA Río Tella, CRA de Teo, Aspamite, AC A Mámoa de Luou, Asociación Cultural O Tileiro, SR de Calo, Rosalia de Castro Cacheiras, Plataforma por unha Ulloa Viva, Colectivo A Rula, Praíña, Futbol Calo, SD Cacheiras, Recesende, Clube Patinaxe Artísita de Teo, Club San Francisco Teo. Falamos da San Silvestre do día 28 e demos información de como anotarse e colaborar e que o noso Iván Tourís será o mestre de cerimonias do evento.

De seguido o bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles unen as propias Lobas que estrean tema novo, disco novo e xira nova, Os John Deeres que tamén teñen tema novo e arrincan con disco novo, Caamaño&Ameixeiras con Rodrigo Cuevas, Miguel Alonso que tamén sacou tema novo con videoclip dirixido por Irene Quinteiro e para rematar daremos a benvida ao Nadal con Broken Peach.

No derredeiro bloque do programa, falamos co xa coñecido e colaborador deste programa, o amigo Alejandro Regueiro que nos vai a contar como serán os premios Alfredo Iglesias do vindeiro ano que se celebrarán o día 16 de Xaneiro no Concello de Teo.

Agradecendo finalmente a confianza e que nos escoitedes e nos queirades. Que teñades unha boa saída e unha mellor entrada de ano!!

Pois así pecharemos o ano, que dicides? ídesnos escoitar? compartídesnos? queredes axudarnos a medrar? Temos un Patreon onde podedes facelo económicamente se vos presta. Apertazas!
https://www.patreon.com/ANovaRealidade

Comments of Episodio 79 - 17/12/2024
This program does not accept anonymous comments. !Sign up to comment!