iVoox
iVoox Podcast & radio
Download app for free
By AXenteDeTeo A Nova Realidade
Episodio 81 - 28-01-2025

Episodio 81 - 28-01-2025

1/29/2025 · 01:19:52
0
12
0
12
A Nova Realidade Episode of A Nova Realidade

Description of Episodio 81 - 28-01-2025

Hoxe, coa nosa axenda cultural falamos de A.C. A Carrabouxa de Teo, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Arc Os Tilos, Anacos educativos, Grupo de teatro municipal de Ames, A Despensa Do Saa, InteRed Galicia ONGD, A Requinta De Lampai, Festivala: Mulleres Creando, Fútbol Calo S.R., Club Patinaxe Artistica Teo, Club San Francisco Teo, Praíña Sporting Club de TEO, e fixemos un pequeno cariño radiofónico a un veciño que tivemos en Teo durante moitos anos e que nos deixou a semana pasada, o gran Xosé Manuel Piñeiro. Logo Nair e Brando contáronnos uns propósitos de ano novo que pode ser que den que cavilar... ou non...

Continuamos polo bloque musical onde, desta volta, aos Mileth e A banda da Loba se lles unen De Ninghures, Deleiba, Lucía Aldao, Vimbio e Exeria.

E para rematar, o actor, músico, mestre e locutor de radio Fran Campos compartiu con nós un anaquiño para que saibades máis del e do que está a facer agora mesmo. E que saibades que o 14 de Febreiro van coa obra "Un médico na aldea" a Vilagarcía.

Que dicides? préstavos acompañarnos? comentade cousiñas que queirades que falemos e dicídenos que vos parece... e se vos presta apoiarnos sabede que temos un Patreon onde podedes facelo económicamente para que poidamos seguir producindo o programa cada vez mellor. Apertaza!!

https://www.patreon.com/ANovaRealidade

Comments of Episodio 81 - 28-01-2025
This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!