

Description of Episodio 82 -11/02/2025
Hoxe vimos con moita música, sobre todo, pero sen esquecernos da nosa axenda cultural coa que demos comezo o programa, como de costume. Falamos, entre outros de Arc Os Tilos, Asociación Rio Tella, Anacos educativos, Asociación Cultural Gazafellos do Val, ANPA CRA de Teo, Queremos galego!, plataforma A Ulloa Viva, Arredor da tradición, Praíña Sporting Club de TEO, Futbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo e Club Billar Teo. Sección patrocinada por A zapatería de Sandra.
Logo falamos con don Abraham Benitez e da súa labor solidaria na realización de eventos deportivos en Ribeira e que está a preparar a 2ª andaina ART for DENT.
O noso xa habitual bloque musical onde aos Mileth e A banda da Loba se lles sumanron Gala i Ovidio de Aida Tarrío e Raül Refree, Guadi Galego e TANXUGUEIRAS, De Ninghures, Pauliña e @somos.leria Secciòn patrocinada por A Despensa do Saa.
E para pechar o programa, anunciamos novo básico de Salón. Desta volta tivemos a ben poder coñecer a @iamhydn e poder conversar un ratiño e que nos puideran ofrecer 2 temas en acústico. Hoxe, adianto no programa, non o perdades!! O Básico será publicado o venres 14 de Febreiro en directo ás 21:00 en axentedeteo.gal/radio e despois no seu correspondente podcast en ivoox.
Ídesnos escoitar? querésnos contar algo? pois temos Instagram e temos este post onde nos podedes facer as vosas achegas! Escoitádenos e compartídenos se vos presta! E, se vos presta aínda máis, temos un Patreon onde podedes colaborar para facernos chegar a máis xente e medrar máis!! Apertazas!!
https://www.patreon.com/anovarealidade/membership