¡ÚLTIMAS HORAS! Disfruta 6 meses de Premium al 25% de dto ¡LO QUIERO!
FAN FAN: Peregrinando (parte 1)

FAN FAN: Peregrinando (parte 1)

6/8/2021 · 45:21
0
223
0
223
Fan Fan en VINTE
Episode of Fan Fan en VINTE

Description of FAN FAN: Peregrinando (parte 1)

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan. Este episodio é o primeiro dunha dupla que trata a que pode ser unha das accións máis representativas do fandom: a peregrinación. No mundo hai miles de lugares aos que viaxan fans buscando a esencia dun referente ou coa pretensión de renderlle tributo. Ás veces son casas-museo, tumbas ou monumentos, outras son lugares de rodaxe ou sitios dos que se falaba en cancións e libros... Neste FAN FAN seguimos, a través de músicas e testemuños, o rastro de ídolos (maioritariamente) mortos como Elvis Presley, Federico García Lorca, Sylvia Plath, Rodrigo Cuevas, Theo Angelopoulos ou o apóstolo Santiago, aproveitando para tratar, entre outras cousas, a dimensión relixiosa do fenómeno fan (ou a dimensión fan do fenómeno relixioso). Participan V. do Rexo, Samuel Solleiro, Xiana Arias e María Yáñez, e sonan Desireless, Ana Kiro, Paul Simon, Enrique Morente, os Clash, as Raincoats, Patti Smith, Metralletas Lecheras, Das Kapital, Vangelis, o citado Rodrigo Cuevas, os Beatles e Malandrómeda.

music viajes cultura viajar lugares

Comments of FAN FAN: Peregrinando (parte 1)

This program does not accept anonymous comments. Sign up to comment!
We recommend you
Go to Travel and places