

Description of Feliz Idade - Olga Novo
A obra titulada Feliz Idade de Olga Novo foi publicada no 2019 na colección Tambo da Editorial Kalandraka, comeza cunha carta-prólogo da autora dirixida á súa filla Lúa sobre a importancia das raíces familiares e a terra onde habitaron os seus devanceiros. Feliz Idade, é unha clara alusión ao nacemento da súa filla e ao ocaso da vida do seu pai, que na autora crearon sensacións de volta ás orixes e de defensa da esencia do día a día.
Apreciamos unha obra que está chea de forza, na que nos fascina esta viaxe espectacular que fai desde o minúsculo ao universo. Neste diálogo que atendemos como lectoras, é posible apreciar dous mundos que alimentan as palabras de Olga Novo: aquel das formas pequenas e sutís -os microorganismos, os cromosomas, os insectos-, e o outro que se sitúa na inmensidade -a lúa, os planetas, o universo-. A poética da autora móvese nesas dúas dimensións semánticas.
Estimamos como da voz a mundos en vías de extinción como a vida do seu pai e recollemos esa chamada a estarmos atentas para que non se perda, sabemos que se non se recupera vaise perder.
Un libro que fala en paxariño, que amosa afecto inda que se abandone a linguaxe verbal, que se despraza sen moverse coma o son da lira, que é Kiki de Montparnase volvendo do prado con tres vacas.
Nunha entrevista á pregunta de se a procedencia dunha familia humilde labrega inflúe na súa obra, resposta: Inflúe na miña obra porque inflúe en min, e a miña poesía son eu. A orixe determínanos a todos e a todas, aínda que logo incorporemos identidades, aperturas, horizontes. A miña escritura arraiga na voz dos subalternos, labregos pobres e analfabetos que constitúen a miña xenealoxía ata onde alcanza a memoria.
En certo xeito a miña poesía dá paso aos saberes dun mundo invisibilizado, tráeos a primeiro plano, celébraos e canta a súa dignidade a par da mal denominada “alta cultura”. Porque a miña herdanza vital está feita de terra e de apeiros de labranza que contan unha historia fronte aos poderes que contaron a Historia.



















![[ELHDLT] 14x02 Los coleccionables](https://img-static.ivoox.com/index.php?w=55&url=https://static-1.ivoox.com/audios/6/f/9/6/6f9641a17e3df79ca26d18c902a0131a_XXL.jpg)
Comments of Feliz Idade - Olga Novo