Description of Galicia por diante 13-10-2024
-Informativo con Nuria Polo
-Reportaxe sobre a orixe de Cristóbal Colón, centrada nos indicios que apuntan a que era da zona de Poio, en Pontevedra.
-Avance da xornada deportiva, con Roberto Carlos Carballo
“Anecdotario”, con Manuel de Lorenzo. Tema: Robert Smalls, unha historia de valor e determinación.
-“Corazón contento”, co doutor Xosé Ramón González Juanatey, xefe do servizo de cardioloxía do Complezo Hospitalario de Santiago de Compostela) Tema: como inflúe a obesidade no sistema cardíaco.
-Reportaxe de Ánxel Suances desde o Museo do Mar de Vigo, sobre a exposición interactiva, “Unha aventura no Museo do Mar. O combate do Nautilus e o somerxible de Sanjurjo Badía”, coa que tamén se pode xogar.
-Entrevista con Jesús e Lucía Graña Aller, fundadores do centro social e deportivo Tempo, situado na Laracha, premio PEL 2024 da Deputación da Coruña na categoría de “Mellor iniciativa empresarial”, que nestas datas cumpre un ano.
-“Carlota Flow”. Xogo de improvisación con Carlota Mosquera e Antía Costas.
-O experto en micoloxía, Luis Cuba, da resposta ás preguntas sobre onde e como apañar cogumelos.